TELÉFONOS DE INTERESE

21 de marzo de 2015

O GRUPO DE FACEBOOK "FOTOS DE CAMBADOS" NAVEGA SEN PATRÓN





O grupo de facebook Fotos de Cambados está a pasar por un momento delicado. Por un erro da rede social agora mesmo atópase sen administrador, polo que as persoas que queiran entrar non poden facelo e calquera do grupo pode publicar calquer cousa que ninguén poderá eliminar esa publicación por incorrecta que sexa.
Postos en contacto coa que era a administradora comentounos que tentou de todas as maneiras solucionar o problema pero facebook non responde a preguntas concretas con demasiada celeridade. 
A administradora creou outro grup, Fotos de Cambados 2  para que os membros do anterior ou xente nova se incorpore.
 

O anterior grupo sigue funcionando pero sen administrador pode desaparecer en calquer momento e con el miles de fotografías que xa forman parte da historia de Cambados.

Que facer para recuperar as imaxes?
Plantéxanse varias opcións para non perder ar imaxes.
A primeira e máis complicada é que alguén fora pasandoas de unha en unha, pero eso aparte de complicado pode levar dias, demasiados días.
Outra opción era que cada un mudara as suas fotos dun grupo para o outro, algo menos costoso pero habendo varios membros que aportan entre eles o 80% das imáxenes pois sería moi cansado para eses membros.
E a terceira sería deixalo como un album de recordo e ir engadindo esas fotos xa publicadas no primeiro grupo pouca pouco no segundo, agardando unha solución por parte de facebook.


Desde aquí pedimos aos membros que aporten algunha idea, si a teñen de que se pode facer. Para este grupo novo a administradora contactará con máis membros e animalos a que se fagan administradores para evitar problemas como este no futuro.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.