TELÉFONOS DE INTERESE
▼
24 de marzo de 2015
O CAMPIONATO INFANTIL MASCULINO DE BASQUET REGRESA A CAMBADOS
Hai uns dias adiantábamos a case segura designación, hoxe confirmada pola F.E.B.
O equipo de Cambados repite por segundo ano consecutivo como anfitrión deste Campionato, dato que mostra a confianza da FGB na súa xestión, avalada polo éxito recollido nesta mesma sede na edición de 2014.
A localidade pontevedresa de Cambados volverá ser o referente principal para unha competición que mobilizará 32 equipos e preto de 3500 persoas entre os días 14 e 20 de xuño. Unha cita, pois, cun retorno deportivo e económico de alto calado.
A renovada elección de Club Xuventude Baloncesto como eixe para o Campionato de España Infantil Masculino súmase á designación xa publicada de Pontevedra como cidade sede para este mesmo torneo en categoría feminina. Galicia e a Federación Galega de Baloncesto dobran así a súa achega ao baloncesto base de ámbito nacional, agardando repetir o grao de satisfacción de todos os participantes en pasadas edicións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.