
O Secretario Xeral, Ismael Agra, asegurou que “trátase dunha mentira máis de Luis Aragunde, quen pretende enganar aos cambadeses a dous meses das eleccións xa que durante toda a lexislatura non foi capaz de cumprir nin unha soa proposta do seu programa electoral”.
Asemade, Ismael Agra recordou que “esta obra lévase anunciando tres veces dende o 2008, polo que xa estamos acostumados a que as promesas do PP se queden en nada”. “O capricho do Partido Popular de ter esta cuberta estalle saíndo moi cara aos cambadeses, xa que teñen que asumir o custe da electricidade mentres o delegado da Xunta e exalcalde só pisa Cambados para sacarse fotos, pero non foi capaz todos estes anos de licitar esta obra”, engadiu o Secretario Xeral.

“Cambados non merece un Alcalde que non é capaz de reclamar aos seus compañeiros de partido que colaboren co Concello para solucionar un problema, síntoma de que o Partido Popular pasa olimpicamente da nosa vila”, sentenciou o Secretario Xeral.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.