TELÉFONOS DE INTERESE

19 de marzo de 2015

MEMBROS DE "PODEMOS CAMBADOS " SÚMANSE A "SOMOS CAMBADOS"





MEMBROS DO GRUPO DE PODEMOS CAMBADOS PARTICIPARAN NA VINDEIRA ASAMBLEA DA CANDIDATURA CIDADAN DA PLATAFORMA SOMOS CAMBADOS
Varios membros do Grupo de Podemos Cambados participarán a título individual e activamente na plataforma SOMOS CAMBADOS, xunto cos asinantes do manifesto, cos que colaboraran na organización da vindeira Asamblea para dar forma a esta Plataforma en Cambados, e que esta aberta a tódolos veciños que están interesados en participar nela. Será no Salón de Actos de Exposalnes o vindeiro Sábado 21 as 18:00 horas.
Dende a Asamblea de Podemos Cambados pensamos que, en principio, a plataforma SOMOS CAMBADOS é a que mellor pode plasmar o ADN de Podemos en Cambados para concorrer nestas eleccións municipais, sempre e cando cumpra cos requisitos mínimos esixidos para que poidamos participar nela, como son a escolla en listas abertas dos candidatos por parte de toda a veciñanza de Cambados, non ser unha simple suma de siglas, e ser unha candidatura de maiorías que busquen e queiran vencer para transformar o descontento en poder para a xente. Polo que, distintos membros da asamblea de Podemos Cambados decidiron participar a título individual nestes primeiros pasos do proceso co anello de que a plataforma Somos Cambados poida chegar a participar nos vindeiros comicios electorais, como xa se están dando os pasos para traballar en varios Concellos da Comarca do Salnés (Ribadumia, O Grove, Sanxenxo, Vilagarciá de Arousa...).

Entendemos que unha candidatura Cidadán ten que saír dos veciños de Cambados, non pode vir imposta por ningunha organización política existente na cal poderse diluír para evitar o seu declive, nin tampouco creemos que unha Candidatura Cidadán poida nacer dun partido político creado previamente cuns estatutos xa definidos sen ter en conta os veciños, chámese     Cambados Pode ou Gañemos. Nunha Candidatura Cidadán os veciños teñen que dar o paso adiante e ser eles mesmos os que participen nela, polo que dende Podemos Cambados entendemos que este tipo de iniciativas poden ser unha axuda para a rexeneración da política local, e que nun proceso como este o importante é o empoderamento cidadán, e como tal, animamos a participar a tódolos veciños de Cambados na vindeira Asamblea de Somos Cambados o próximo Sábado.

Os Membros de Podemos Cambados cremos que son os veciños de Cambados, os que temos que dar o paso adiante para transformar Cambados, por que se non o damos nos, outros, os mesmos que nos levaron a situación na que nos atopamos, vano facer por nos. Polo que varios membros de Podemos Cambados van participar a título individual na asamblea para comprobar se esta Candidatura Cidadán cumpre cos requisitos esixidos para que poida contar co apoio do Circulo de Podemos Cambados, e se é o caso, que sexa quen de dar o paso de presentarse as vindeiras eleccións municipais, como así no lo demandaron os veciños en varias asambleas de Podemos Cambados.
Unha vez que a Plataforma Cidadán saia adiante dende Podemos Cambados realizarase un referendo telemático con tódolos membros da Asamblea inscritos no municipio para poder obter o Aval da mesma.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.