.jpg)
Informacións chegadas de membros do propio PP advirten dunha manobra orquestada por dous altos cargos populares de Cambados para evitar que a máis que probable fuga de votos que vai sufrir o partido que manda no noso concello se vaian para a oposición formada por B.N.G. e P.S.O.E. ou outros partidos que poidan xurdir.
Supoñen que un partido novo, que se denomina independiente e con xente que nunca figurara en candidatura anterior acapararía a sangría de votos que se supón vai sufrir o PP e que eles mesmos dan por segura.

Como publicamos nos anteriores artigos sobre este tema os encontronazos entre a familia do actual nº 1 e único membro coñecido de "Cambados Pode" e o PP son notorias. En cuestións varias como o tema das adegas e o trato diferencial que dispensa o goberno local ás grades coas pequenas o nomeamento do concelleiro Eulogio Pomares como Cabaleiro do Albariño, ou a orixe do enfrentamento hai 13 anos, a parcelaria.
Pero tamén son coñecidos os sucesivos achegamentos. Tras a marcha de IPC (Independentes Por Cambados) Abal pai conseguieu que a sua filla entrara na candidatura do PP de hai 8 anos. E na festa posterior as eleccións locais do 2011 Abal pai e a sua filla eran dos máis felices e dicharacheros.
As mesmas fontes do PP sinalan que, ser descuberto este partido antes do que eles desexaban trastoca os seus plans e os do novo partido. Querían apurar os tempos para que as manobras dos rivais víranse menguadas.
Outras fontes tamén indican que detrás de este partido tamén se atopa dalgún xeito, un ex-alcalde da comarca, agora retirado da política, amigo da familia Abal.
ARTIGOS RELACIONADOS
QUE SE AGOCHA DETRÁS DE "CAMBADOS PODE"
PARA QUE TANTO SECRETISMO?
CONTINUARÁ.....
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.