
A día de hoxe esta afirmación queda demostrada pois, ante a desidia e desinterese do concello, o volume de residuos neste vertedoiro incrementouse
considerablemente e semella que non parará de crecer, a non ser que se actúe con celeridade. Ao BNG lle parece lamentable a falta de interese mostrada polo concello por solucionar esta situación e, polo tanto, solicita de novo que sexa, inmediatamente, eliminado o lixo deste vertedoiro ilegal de Corvillón e insiste en que, no futuro, sexan realizados controis periódicos con finalidade preventiva polas zonas máis afastadas das vivendas para tentar evitar que este tipo de feitos se fagan tan habituais. Igualmente, volve a solicitar, como fixo no pasado e sen que o concello fixera ningún caso, que se realice unha campaña de promoción do Punto Limpo de Cambados (ubicación, horarios de atención ao público, tipos de residuos que almacena) xa que a práctica totalidade dos residuos depositados nos vertedoiros ilegais poderían ser almacenados no Punto Limpo do Concello de sabelo as persoas que cometen este tipo de infraccións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.