
Existe un gran descontento cos partidos tradicionais a nivel xeral e os cambadeses non son alleos a realidade, polo que queren e necesitan un cambio e queren lideralo a través dunha candidatura cidadá, e que nin PSOE nin B.N.G. aportan.
Os seguintes pasos que se darán son a elaboración dun código ético, que será similar ao seguido polas outras mareas de Somos na bisbarra, como en Vilagarcía, Ribadumia ou Sanxenxo, e na preparación dun programa político.
As principais liñas xa están claras, queren un documento "participativo e real". Queren estudar detidamente os presupostos municipais para buscar a redución de gastos que consideren innecesarios en favor de aumentar as partidas de índole social.
Esta iniciativa cidadá parte da marea galega Somos Maioría, entre os impulsores hai veciños que tiveron vinculación con outros movementos políticos como Anova, Cerna ou Compromiso por Galicia e outros que nunca estiveron afiliados a formacións políticas. Podemos está disposto a avalar a súa presentación ás eleccións se cumpre coa súa filosofía de movemento cidadán, aínda que o someterán a votación telemática entre os seus afiliados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.