VICTORIA DO XUVEN, QUE DEIXA CASE SENTENCIADA A PERMANENCIA
Imaxen:Xuven
O Xuven Cambados rematou co bo refacho do Canarias Basketball Academy. Os locais fixeron valer a súa fortaleza na casa para conseguir a victoria dende os primeiros compases. A pésima porcentaxe dos canarios no triplo (1/8), fronte ao acerto dos locais no tiro exterior (8/16), foron unha das claves que foron definindo o encontro. Ademais, o control do rebote e o control do xogo impediron que os canarios chegasen a achegarse en ningún momento a pesar do bo partido de Roberto Guerra que acabou como máximo anotador con 18 tantos. on esta vitoria, os galegos poñen distancia con respecto ao CBA e afástanse na clasificación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.