TELÉFONOS DE INTERESE

17 de febrero de 2015

AS FILLOAS DE CHOCOLATE TRIUNFAN EN CAMBADOS





Martín Rey González e Victor Manuel García Vilas gañaron o concurso de filloas organizado polo Concello, no apartado de presentación e sabor, cunhas orixinais e ledizosas filloas de chocolate. O triunfo na modalidade de rapidez foi para María Jesús Durán e Mary Cruz Cores Durán, de Castrelo, que elaboraron 77 filloas na media hora regulamentaria. Estas mismas participantes  gañaron o ano pasado nesta especialidade e ambas parellas recibiron o correspondente premio de 100 euros. Participaron no concurso so dez parellas que, polo mero feito de presentarse a competir, recibiron unha gratificación de 50 euros.  O xurado estivo integrado polos cociñeiros Manuel Ribadomar e Tonino Botana, ademais de dúas representantes da asociación de Amas de Casa e unha técnica de Cultura do Concello.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.