TELÉFONOS DE INTERESE

11 de enero de 2015

O CAMBADOS DESPERDICIA UNHA RENDA DE 2 GOLES




O Juventud de Cambados ven de perder un partido que tiña nas suas mans, ao irse ao descando cun 2 a 0 que amosaba un mellor plantexamento no campo.
No minuto 7 Cascallar empalma un dereitazo que entra coma un obús na meta viguesa e no minuto 39 Unai remata ao fondo da rede unha falta botada por Cascallar.
Na segunda parte nada máis comezar un erro defensivo provoca o primeiro gol visitante.
No minuto 52 o segundo gol do Gran Peña causa dano no Cambados. No minuto 66 Marwan erra so ante o porteiro a posibilidade de voltar a poñerse por diante.
Xa co Cambados tocado no minuto 77 un erro defensivo clamuroso, (e van....), pon por diante aos visitantes que aguantaron ata o final o resultado, a pesares das embestidas locais. 
Triste despedida para o local Quique que marcha para Alemania. Os seu pupilos despedírono entregando unha camiseta firmada polos compoñentes da plantilla.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.