Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron esta tarde ao hospital a unha rapaza que resultou ferida tras ser atropelada por unha moto. Así mesmo,
segundo indicaron efectivos de Protección Civil desprazados ao lugar, tamén se requiriu asistencia sanitaria para atender e trasladar ao motorista ferido. O accidente tivo lugar na rotonda de Tremoedo, no termo municipal pontevedrés de Vilanova de Arousa. Tras o aviso dun particular ao fío das 15:30 horas desta tarde, o CAE 112 Galicia puxo en marcha un dispositivo no que participaron os servizos sanitarios de urxencia, axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local, así como, os efectivos de Protección Civil de Vilanova e de Vilagarcía de Arousa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.