O Próximo martes día 27 de xaneiro, ás 20:30 horas en Exposalnés, o BNG realizará unha nova Asemblea Aberta con intención de enriquecer o proxecto político nacionalista con novas proposta e capital humano. O BNG anima a todos aqueles veciños e veciñas de Cambados, a acudir a este novo proceso participativo. Está previsto que nesta asemblea se decida o cabeza de cartel do Bloque en Cambados para as eleccións municipais de maio. O actual portavoz municipal é o profesor Víctor Caamaño, que encabezou o proxecto nacionalista en 2007 e 2011 i está disposto a ser porterceira vez o candidato nacionalista.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.