Mariano Rajoy encóntrase nas Rías Baixas onde pasará uns días de descanso xunto a súa familia. O presidente chegou onte, venres, á noite. Esta mañá, en compañía de José Benito Suárez, presidente da Autoridade Portuaria Marín-Pontevedra e marido da ministra Ana Pastor, camiñou pola Ruta da Pedra e da Auga, en Ribadumia.
A próxima semana, a axenda de Mariano Rajoy só inclúe un desprazamento a Asturias pra inauguración do treito La Franca-Unquera co que se remata a Autovía do Cantábrico, a A-8. Despois regresará a Galicia onde permanecerá ata o día 4 ou 5.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.