TELÉFONOS DE INTERESE

20 de diciembre de 2014

RAFAEL LOUZÁN POSIBLE CANDIDATO A ALCALDÍA DE CAMBADOS? II



Tralo artigo de onte hoxe publicamos a segunda parte.

A elección de Rafael Louzán como presidente da Federación Galega de Fútbol culmina unha estratexia de varios meses atrás. Segundo dúas fontes diferentes da contorna do presidente da Deputación de Pontevedra, o político dixo antes do verán a varios dos seus colaboradores que probablemente non se presentaría a reelección en 2015.
Louzán desboutou até onte pronunciarse explicitamente sobre o seu futuro. 
Tras a vitoria nas eleccións da Federación Galega de Fútbol, dixo que non deixaría a política e que iría nalgunha candidatura municipal, o que lle abre a porta a repetir no cargo. Agora ben, o político de Ribadumia non confirmou se aspira a revalidar a presidencia.
Louzán e a sua muller(1ªesquerda) cuns amigos
A situación política do líder do PP da Provincia de Pontevedra complicouse esta primavera. El e a súa esposa, Teresa Cores Fernández; e o concelleiro de Pazos de Borbén e deputado provincial, Serverino Reguera, serán xulgados por un delito de suborno. Unha denuncia anónima alertou á fiscalía que Reguera está pagando sobreprezo polo aluguer duns baixos en Vigo propiedade do matrimonio para unha panadería, Brunopan.

O aparato do PP de Galicia vería con bos ollos que Louzán se centrase na Federación Galega de Fútbol, para evitar que o seu preito, que está na fase de instrucción inicial, estoupase en plena campaña das locais.

Outro aspecto a ter en contra son as enquisas electorais, que non garanten a victoria conservadora. Os estudios demoscópicos publicados até hoxe son moi preocupantes para o PP nas cidades de Vigo e Pontevedra. Os conservadores gañarán sen dúbida no rural, pero a conquista da Deputación está no aleiro, dependendo de factores que escapan á maquinaria popular, como se a chamada esquerda rupturista logra pactar unha candidatura conxunta para a Deputación.

Sexa polas súas leas xudiciais ou polo temor a saír derrotado, Louzán -que non ten máis cunha praza de funcionario municipal en Ribadumia(oficialmente)- leva meses buscando unha alternativa á Deputación. Agora tena asegura. Conseguiuna, con malas artes, segundo o acusou o seu rival -o actual presidente da Federación e alcalde de Cerceda (PSdeG) Rodríguez Liñares.


 Fonte: GALICIA CONFIDENCIAL


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.