A TENDA DE MODA "COQUETA" COMERCIO FAVORITO DOS CAMBADESES
A tenda de moda Coqueta foi escollida como o comercio favorito dos
participantes na iniciativa da Consellería de Economía e Industria
Centros Comerciais Abertos. Máis que comercio!, que se desenvolveu
durante todo o mes de novembro nos establecementos asociados ao CCA de
Cambados.
Este establecemento especializado en roupa e complementos de muller foi o que máis clicks recibiu en www.maisquecomercio.com,
web na que os clientes podían participar nun xogo en liña por cada 5€
de compra e optar a diferentes premios ao tempo que elixían o seu
comercio preferido.
A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez
Abeal, que foi a encargada xunto con responsables do CCA de entregar o
diploma ao establecemento máis votado nun acto no que tamén se
entregaron agasallos aos clientes gañadores, salientou que ademais de
destacar o traballo dos centros comerciais abertos Máis que comercio!
ten por obxectivo resaltar os valores do comercio de proximidade, como
son a calidade, o trato ao cliente ou a variedade.
A iniciativa da
Consellería de Economía e Industria, que no CCA de Cambados sumou máis
de 1.200 participacións, está a percorrer Galicia durante todo o ano,
desenvolvéndose cada mes en cinco centros comerciais abertos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.