A estatua a o gran Manuel Fraga situada no parque de Torrado volveu a sufrir un "atentado". Desta volta os terroristas colocaron sobre a cabeza de tan insigne persoeiro unha bolsa do lixo chea precisamente de eso, de lixo.
A primeira hora da mañán corría como a pólvora a nova por Cambados o que fixo que moitos cambadeses se achegaran ata o lugar e incluso algúns quixeran levar un recordo, en forma de fotografía. Para os que non puidéchedes achegarvos aquí tedes tres fotografías que ilustran o estado no que quedou a estatua.Dun tempo ata estes dias o Parque de Torrado é utilizado para facer botellón nas noites da fin de semana e incluso non é difícil ver polo dia a un grupo de rapaces fumar porros.
Certo é que non se pecha polas noites pero o acceso e ben sinxelo aínda que estivese pechado.
Para velas máis grandes pica enriba da foto.


No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.