TELÉFONOS DE INTERESE

19 de noviembre de 2014

NOVA DENUNCIA DO PSOE CAMBADÉS CONTRA ARAGUNDE





A voceira do PSdeG-PSOE no Concello de Cambados, Fátima Abal, presentou onte pola mañá no Xulgado de Pontevedra un escrito para iniciar un Recurso Contencioso Administrativo para a protección dos dereitos fundamentais das persoas.
Arquivo
O obxecto do mencionado recurso é a vulneración por parte do Alcalde de Cambados do dereito á participación política consagrada na propia Constitución e a obstaculización da labor de oposición ó non permitir nin dar acceso á información solicitada polas concelleiras socialistas.
En concreto, o escrito refírese á solicitude de acceso ao rexistro do Concello de Cambados, solicitude presentada o 3 de xullo e reiterada o 7 de xullo, o 15 de xullo, o 21 de xullo, o 6 de agosto e o 15 de outubro. Solicitude, ademáis, feita ante o Valedor do Pobo sen contestación por parte do Concello, a pesares de ter feito este organismo dous requerimentos para que o Concello de Cambados cumplise a legalidade.

Por todo isto, a voceira afirma que  ´´queda patente unha vez máis a política de oscurantismo e pouca transparencia que se leva a cabo polo equipo de goberno encabezado por Luis Aragunde, e iso que no último Pleno o grupo socialista levou como moción a ratificación do Código de Bo Goberno aprobado pola FEMP, moción que o grupo popular votou a favor amparándose en que xa o estaban cumplindo a pesar de non ter sido ratificado polo noso Concello ata ese momento, outra das moitas mentiras de Luis Aragunde‘‘. Nin o estaban a cumplir antes nin o están a cumplir agora, levamos 4 meses esperando ver o rexistro, cando por lei nos correspondería como máximo esperar 5 días. Nin o vimos antes nin tiñamos expectativas de velo se non fose pola presentación deste recurso contencioso administrativo,“  así o afirmou a voceira socialista, Fátima Abal.  “Moito me temo que éste será o primeiro pero non o último contencioso que presentemos contra o Concello“

“Unha vez máis, queda claro que a Luis Aragunde non lle doen os cartos dos cambadeses e non lle importa gastalos na xustiza pese a que lle avisamos reiteradamente de que ten a obriga de darnos a información solicitada ou senón iriamos aos xulgados. O que non podemos permitir desde este grupo é que Luis Aragunde obstaculice a nosa labor de oposición, que oculte información ao cidadán e que siga xogando cos cartos dos cambadeses por estar encaprichado de non darnos acceso á información que solicitamos‘‘.
“É lamentable que un grupo que representa tamén aos cambadeses teña que acudir aos tribunais para que se lle faga entrega da documentación que lle corresponde por lei“, sentenciou Fátima Abal. 



1 comentario:

Anónimo dijo...

No mientas mas Aragunde viejo deseo,no pretendas de mi mas que el perdón,te creía antes hoy no te creo,La juventud de mi primer voto fue un error del momento y de mi edad hoy 3 años después es eso.Te perdono Aragunde pero no me insistas votarte no quiero.Hoy tanto me has mentido me has dañado que mi voto lo has perdido y no volverá ARAGUNDE NO TE CREO ARAGUNDE NO TE CREO jamas jamas en mi vida voy a ser para ti lo que fui era una pepera Aragunde tan ignorante ARAGUNDE NO TE CREO ARAGUNDE NO TE CREO no me pidas Aragunde que te vote no me pidas Aragunde la ilusión estoy de tus mentiras asta el cogote y asta el gorro de tu devastación ya no eres el mismo que me dijo un día que Torrado seria un bello jardín me mentiste y hoy me has traicionado me has decepcionado mi gordito y fin ARAGUNDE NO TE CREO ARAGUNDE NO TE CREO PEPEPEPEPEPE ARAGUNDE NO TE CREO QUE NOOO!!!!!

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.