Os bombeiros do Salnés excarceraron a unha
persoa que quedou atrapada por unha perna ao envorcar o camión que
manexaba mentres retiraba terra dunha finca situada en O Noval, en
Leiro, no termo municipal pontevedrés de Ribadumia. O CAE 112 Galicia
tivo constancia do accidente grazas á chamada dun particular que pedía
axuda ás 11:00 horas desta mañá e de contado, alertou aos servizos
sanitarios de urxencia, aos efectivos do parque comarcal, á Garda Civil
de Tráfico e a Protección Civil de Ribadumia e Vilagarcía de Arousa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.