O matrimonio, natural de Cambados, circulaba co seu vehículo en dirección Verín á altura do concello de Sandiás. Aproximadamente no quilómetro 190 alertounos un impacto que escoitaron na parte superior do seu coche.
"Oíron como un impacto no teito do vehículo, paráronse un pouco máis adiante e puideron comprobar que se trataba dun proxectil, dunha bala que se aloxara no teito".
Sen saber aínda moi ben o que acontecera, pararon o coche e decidiron trasladarse ao cuartel da Garda Civil de Xinzo de Limia. Os axentes corroboraron entón que efectivamente se trataba dun disparo. Todo apunta a que o proxectil procedía da escopeta dalgún cazador que participaba nunha batida de xabaril nas inmediacións da autovía das Rías Baixas.
Afortunadamente non quedou ninguén ferido, todo quedou nun susto e en danos materiais no vehículo. Cando os seus propietarios o leven a reparar a policía xudicial trasladarase ata Cambados pra facerse cargo do proxectil.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.