TELÉFONOS DE INTERESE

5 de octubre de 2014

OUTRO ÉXITO DO VITAL SPORT. ESTA VEZ EN BTT





Durante o pasado sábado día 04 celebrouse en O Pontillón do Castro,  Pontevedra, a I edición da Non Stop 12 horas BTT, que arrincou ás 09:30 horas e durou ata as 21:30horas, unha durísima proba na que equipos formados por tres competidores teñen que percorrer durante 12 horas seguidas, por substitucións, un circuíto cun trazado de 10,5 km. O recentemente estreado equipo de mountain bike BTT, do Gimnasio Vital Sport, de Cambados, formado polos competidores Víctor Castro, Diego Carro e José Villamediana, finalizaron a proba logrando un moi satisfactorio resultado alzándose coa segunda posición da clasificación por equipos de tres, logrando completar un total de 21 voltas dun percorrido moi esixente, na modalidade de XC (Cross Country), acumulando en cada volta un desnivel positivo de 330 metros.

Hai que destacar o altísimo nivel de todos os participantes da proba, máxime ao estar controlados os tempos por medio telemáticos. As primeiras voltas situaron ao equipo na terceira posición da clasificación provisional, aínda que un pinchazo da roda traseira sufrido na bicicleta, fixo que Diego Carro tivese baixarse da sua bicicleta e percorrer tres quilómetros do circuíto correndo, ata poder alcanzar a zona de transición onde poder facer a substitución. Tras isto, o equipo foise á quinta posición e tocaba remontar, non sen sufrimento, porque pola tarde fixo acto de presenza a choiva e o vento complicando as condicións da carreira a todos os competidores, facéndoa máis dura aínda. Pero tras ir remontando e rebaixando tempos volta a volta, finalmente o equipo conseguiu alzarse coa segunda posición da clasificación por equipos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.