TELÉFONOS DE INTERESE

25 de octubre de 2014

O XUVEN A POLA SEGUNDA VICTORIA.





CB Academy vs Xuven Cambados
Os grancanarios, no seu regreso ás illas, terán unha boa e nova oportunidade de estrear a súa cuadrícula de triunfos, a costa neste caso dun Xuven Cambados, que vén de perder na casa de forma dolorosa e axustada o derby galego. O Centro Insular de Deportes acolle hoxe as seis da tarde un partido donde os locais, non atoparon o seu sitio na Liga e agardemos que hoxe tampouco o fagan. O seu 25% en triplos segue sendo a porcentaxe máis baixa da competición e unha rémora. A continuidade e adaptación seguen sendo as materias pendentes do grupo de Pepe Carrión, que aínda así darán moita guerra ao convidado correspondente, un Xuven máis sólido do que reflicte a súa clasificación. Malia as dúas derrotas, os cambadeses teñen a segunda mellor marca en asistencias, 15 por encontro, e un xogo que axuda a pensar en ir cara arriba.

A seguir: GeramipoorMVP da última xornada, terá que referendar o seu estado de forma. E será ante a historia e lenda da competición, Alberto Rodríguez.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.