TELÉFONOS DE INTERESE

9 de octubre de 2014

NOVA ESTAFA EN INTERNET






Está en marcha unha estafa nova na mensaxería instantánea. Existe na internet unha aplicación denominada WhatsApp ouro, un servizo que en realidade non existe, e que se promove como unha nova versión do popular chat pero cun custo de 36 euros mensuais. O usuario que se dá de alta tan só recibirá mensaxes multimedia polos que pagará un prezo.

A mensaxería instantánea é un dos grandes negocios da telefonía e a unha das aplicacións máis populares, á de WhatsApp, saíulle un competidor nas redes sociais. Trátase dunha fraude da que alertan tanto a Garda Civil coma a Policía Nacional a través dos seus respectivos perfís oficiais na internet. 

En realidade, WhatsApp Ouro ofrece un servizo que non existe e que ten un custo importante para os usuarios que se dean de alta. Aparece nas redes sociais, Facebook e Twitter baixo a suxestiva lenda de conseguir un WhatsApp diferente para pasar dun servizo común a outro completamente interesante. Un calote dos moitos que arestora existen na internet.

Dándose de alta o usuario subscríbese a un servizo de mensaxería instantánea con primas que cobrará 1,45 € por cada mensaxe que lle envíen ata un máximo de 36,25 € mensuais. A Policía e a Garda Civil alertan os usuarios que rexeiten este tipo de actualizacións no móbil. As forzas de seguridade xa comezaron a recibir as primeiras denuncias pola estafa desde o sur de España.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.