TELÉFONOS DE INTERESE

4 de octubre de 2014

O XUVEN QUEDA A UN PASO DA VICTORIA




O Xuven sae derrotado na sua estrea na tempada 2014/15 ante o vixente campión que mantén no seu plantel a seis xogadores do ano anterior.
No primeiro cuarto o dominio do Xuven veuse reflectido no marcador 26-19. Os dos cuartos seguintes xa foron favorables aos visitantes.  11-15, 18-22 i empatando o decisivo 12-12
Partido de alternativas con parciales anotadores que parecían desequilibrar o partido que finalmente se decideu por un punto. E porque a pelotiña non quixo entrar no aro duas veces e as duas da man do cubano Taylor, máximo anotador dos locais.

Sufriron abondo os fuenlabreños en Cambados no debut, que puido haber ter signo contrario si os dous últimos lanzamentos case sobre a bocina de Taylor García entrasen. Arrincou igualado o primeiro choque oficial da tempada (7-7 ao minuto 3), con Taylor García levando a voz cantante en ataque nos locais. Nakidjim colaborou na pintura e Cambados foise de oito (17-9). Apareceu Balmón ao rescate para maquillar o marcador ao final do primeiro cuarto (26-19). No segundo un 0-11 de saída enmudeceu O Pombal (28-30). Os fuenlabreños xa lle colleran o ton ao partido, do mesmo xeito que Chufi e Orellano, que enviaron o choque ao descanso cun incerto 37-34. Na reanudación Taylor seguiu poñendo terra polo medio no ecuador do terceiro cuarto (49-40). Pero Spires, Balmón e principalmente Moungoro encargáronse de dar a volta ao marcador ao final do periodo: 55-56. O apertado último cuarto  decantouse nun tenso final de infarto con dúas accións en ataque de Moungoro, o mellor do partido. Taylor rozou o triunfo sobre a bocina, pero a vitoria viaxou a Fuenlabrada. 
MOUNGORO

 
A clave: Os últimos seis puntos consecutivos de Moungoro nos dous últimos minutos sentenciaron a vitoria visitante. Un triplo e tres tiros libres anotados, que deron a mínima e suficiente vantaxe. O aleiro acabou con 30 de valoración e 25 puntos. O 60% en tiros de dous e os sete rebotes máis de Getafe tamén axudaron ao triunfo.


ESTADISTICAS AQUI



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.