TELÉFONOS DE INTERESE

15 de octubre de 2014

ALERTA AMARELA HOXE E MAÑÁN




Estamos en alerta amarela ata as seis da tarde por acumulación de auga superior ós 40 litros por metro cadrado en 12 horas. Ademais, no litoral da Coruña e de Pontevedra as ondas poden acada-los cinco metros de altura.
As temperaturas son máis altas cás de onte. 
Mañá seguirá a alerta amarela por acumulación de chuvia e tamén por vento superior ós 80 quilómetros por hora na montaña de Lugo e na zona do Miño de Pontevedra.
A alerta aumenta a laranxa no litoral de Pontevedra e da Coruña por ondas superiores ós cinco metros de altura.
As temperaturas máximas van baixar.
O venres pola mañá non se esperan chuvias, pero si pola tarde. Subirán as temperaturas máximas e descenderán as mínimas.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.