Máis críticas contra Bruxelas pola pesca do xeito
A asociación de mariscadores AGAMAR alerta de que podería supoñer a ruína para unhas mil familias galegas.O xeito é un tipo de rede que adoita utilizarse para a captura de sardiña, especialmente tradicional en toda a ría de Arousa. A Comisión Europea quere prohibilo para o un de xaneiro do ano que vén, xa que as enmarca dentro das volantas de deriva.
Agamar, como xa fixeron as asociacións pesqueiras e eurodeputados galegos, alegan que o xeito é unha rede artesanal, ancestral, respectuosa cos caladoiros e totalmente selectiva, xa que non colle outro tipo de peixe de forma accidental.
Agamar critica que a prohibición está sendo silenciada pola Xunta e polo Ministerio. Acusa as dúas administracións de deixar contra as cordas o sector, do que dependen, calcula, mil familias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.