Dentro da campaña de promoción a organización do evento presentou un vídeo de anuncio protagonizado polo cociñeiro cambadés Yayo Daporta e o hostaleiro meco Miguel Araúxo.
O traballo, obra do realizador pontevedrés Pablo Cacheda, intenta combinar o deporte e a gastronomía de ambas as dúas localidades, co marisco e o viño albariño como produtos estrela.
O medio maratón Maralba celebrarase o 28 de setembro, domingo, con saída no peirao do Grove ás 10:00 horas e chegada na praza de Fefiñáns de Cambados.
As inscricións pódense formalizar ata o día 24 na páxina www.championchipnorte.com.Info:Pontevedraviva
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.