No marco do evento Bos Aires Celebra Galicia máis de 600 bailarines ataviados cos seus traxes tradicionais e 300 músicos representando a institucións galegas radicadas en Bos Aires, A Prata, Mar do Prata, Córdoba, Rosario, Sta. Fe, Porto San Julián, Chile e Uruguay interpretarán a Muiñeira de Chantada. De acordo cos requisitos Guinness, en presenza de estritos controis e baixo a supervisión de organismos cualificados (xuíces,testemuñas, docentes, profesionais, autoridades na orde de seguridade) levarase a cabo este GRAN DESAFIO, BATER O RECORD GUINNESS. Máis de 100 integrantes de teatro dinamizarán esta actividade e marcarán os diferentes metrajes mediante fotografías panorámicas. Por áreas se documentará a cantidade de participantes e, para obter unha constancia fidedigna, a colectividad galega contará cun drone que filmará a longa fila de bailarines. A cita é o domingo 14 de setembro 2014 en Av. de Maio entre Bolívar e Chacabuco ás 17.20 h.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.