TELÉFONOS DE INTERESE

24 de septiembre de 2014

O CRISTO DAS RUÍNAS A REPARAR






O arqueólogo municipal de Cambados, Ángel Acuña, e o experto en restauración patrimonial José Manuel Aguiño, dirixiron este mércores as tarefas de retirada do Cristo situado tralo altar maior da igrexa de Santa Mariña, traballos que levaron case tres horas e que remataron co traslado da peza a un taller especializado onde se someterá a estudo a súa eventual restauración. 
Operarios municipais instalaron a primeira hora da mañá un andamio detrás do altar que facilitou a colocación dun pequeño guindastre co cal se baixou o Cristo de madeira previamente engasado, recuberto e protexido con material plástico de embalaxe. O traslado realizouse coa máxima precaución para evitar posibles danos na figura que conta cun século de antigüidade.
A peza atópase nun estado de avanzado deterioro, pesa arredor de 100 quilos e mide preto de 3 metros de altura. Os expertos coinciden en diagnosticar que, malia os danos producidos na madeira, a peza –que foi doada por unha familia cambadesa á Igrexa hai máis de 100 anos- é recuperable.

O restaurador José Manuel Aguiño vai realizar no seu taller un diagnóstico en profundidade da imaxe relixiosa para determinar a viabilidade dunha restauración e a canto poderían elevarse os custes da mesma. Según o alcance destes presupostos, decidirase se se leva a cabo a recuperación da imaxe do Cristo crucificado. 

Información: Pontevedra Viva e Concello de Cambados


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.