A demanda de vieira galega medrou tanto que este ano a confraría de Cambados quere adiantar a campaña máis dun mes. As primeiras análises detectaron a presenza de toxina amnésica, pero en niveis baixos, polo que o sector é optimista.
Ao ser un producto que se comercializa en boa medida conxelado, permítelles ser previsores.
O ano pasado só en decembro vendéronse 200.000 unidades. Agora, non teñen nin a metade almacenado. Hai novas esperanzadoras de poder comezar tamén antes as capturas.
"Os niveis de toxina son bastante esperanzadores para que dentro de pouco tempo poidase extraer a vieira. En previsión do que poida pasar coa toxina na campaña de Nadal, queren ter algo almacenado para responder á demanda", apunta o patrón maior da Confraría de Cambados.
Son uns 40 barcos os que traballan na captura de vieira para este porto de Cambados , que na pasada campaña deu traballo a 178 mariñeiros e outras 40 persoas para o eviscerado e envasado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.