TELÉFONOS DE INTERESE

18 de septiembre de 2014

EXPOSICIÓN PROXECTA 2014





O Festival Proxecta por segundo ano achega a Cambados coa exposición das fotografías gañadoras e o resto de  participantes no Premio Fotojornalismo Estaçãou Imagem-Moura de 2013.  
24 paneis onde o visitante poderá ver as mellores imaxes da actualidade diaria, espectáculos, medio ambiente, etc. De autores galegos e lusos.

O fotoperiodista e cofundador do Festival Proxecta, José Luiz Oubiña, e o alcalde, Luís Aragunde, presentaron onte a mostra, que este ano será a única proposta do festival que espera retomar a forza que mantivo en anteriores edicións de cara ao ano próximo.

Segundo Oubiña, "é un dos premios de fotoperiodismo máis importantes de Portugal e hoxe en día está considerado como un dos mellores do sur de Europa". De feito, destacou a relevancia dos membros do seu xurado, con presenza noutros certámenes como o prestixioso "Word Press Photo".
Cada un dos 24 paneles que lucirá o Pazo de Torrado desde este venres e ata o 12 de outubro, mostran varias instantáneas presentadas ao certamen. A exposición pódese empezar a contemplar polas obras do ganador do primeiro premio, o portugués Octávio Passos, e seguir coas dos galegos Gabriel Tizón e Pedro Armestre, segundo e terceiro premio, respectivamente, e que mostran imaxes de gran calidade. Segundo Oubiña, este último é un experto en fotografar incendios.


Cabe recordar que o Proxecta sempre se celebraba en Vilagarcía e o pasado ano trasladouse a Cambados, onde parece está decidido a quedarse. De feito, Oubiña agradeceu a disposición do Concello na iniciativa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.