¿ACABARÁ
JOSE PEPE NA LISTA DOS MAIS BUSCADOS DO F.B.I?
POR
RICARDO DOMINGUEZ REY
Xa
podedes imaxinar a miña sorpresa cando leo tal cousa, o meu “ídolo”,
o gran José Pepe, no medio dun accidente de tráfico cun presunto
delincuente, (“presunto delincuente” porque como ben di a noticia
terá que declarar no xulgado por un presunto delito
contra a seguridade viaria).
O
primeiro de todo, e isto dígoo de corazón, espero que José Pepe se
atope totalmente recuperado de dito accidente; como xa todos sabedes
as nosas diferenzas ideolóxicas son abismais pero, dende logo, non
lle desexo ningún mal; é mais, sei que entre nos, no fondo (pero
moi no fondo) hai un certo amor: ese cruce de miradas furtivas cando
temos coincidido no “Laya” ou cando está nalgunha terraza co seu
amigo “ O Barbas”(o mesmo que ten unha filla que puido ser a
primeira alcaldesa de Cambados pero Tourís reservoulle outros fins)
i eu paso e mírame como si fose unha moza “de bo ver” (¡¡ai
José Pepe!! ¡sabes como sacarme as cores, bribón!)......... por
todo isto preocúpame, profundamente, a espiral de auto destrución
na que parece ter entrado José Pepe: primeiro deixa a súa “exitosa”
colaboración no Diario de Arousa e agora vese, sen querelo, no
medio dun accidente, no coche dun presunto delincuente.
¿Que che está a pasar José Pepe?
¡¡mira ben con que te xuntas que por menos empezaron as andadas de
“El Lute”!! de seguir así vas a pasar de ser “Don José Pepe”
a ser José Perico alias “el letras” ou “o Makinavaja de Santo
Tome” o mais temido nos baixos fondos cambadeses.
Ademais,
polo que teño entendido, o condutor que se dou a fuga, presentárase
nas listas do PP ás municipais de Cambados o que me obriga a
chamarte insensato, José Pepe, ¿acaso non sabes que os peperos e os
vehículos de tracción mecánica son incompatibles? Carromero,
Esperanza Aguirre, Miguel Angel Rodríguez, Ignacio Uriarte, o
fillo de Gallardón e un longo etc. ... ¡ata Rajoy tivo un accidente
nun helicóptero! Cando montas cun pepero nun vehículo xa sexa por
terra, mar ou aire , José Pepe, unicamente poden acontecer
desgrazas, soamente tes que mirar para o “pobre” Marcial Dorado,
montou nunha lancha co presidente da Xunta, Alberto Feijoo e hoxe
está na cadea,..........bueno, por iso, e porque foi condenado por
narcotráfico.
Tamén
quero destacar o lugar onde se produciu o accidente (Cobas), terra de
“furanchos” e, como sempre, a xente xa está falando de mais;
pero eu sei que de onde ti viñas, en realidade, era do miradoiro
que hai nesa zona con preciosas vistas da Ria de Arousa, algo lóxico
de pensar coñecendo o teu lado sensible e romántico; imaxínote no
alto da roca cos brazos en cruz e, como Leonardo DiCaprio na
película “Titanic”, berrando: “¡¡ son o amo do mundo!!”.
Como
dixen ao comezo, preocúpame a espiral de auto destrución na que
pareces terte abocado, José Pepe ¿cal será a próxima na que te
vexamos? ¿Quizais co puño en alto e cantando a Internacional, o
primeiro de maio? ¿Quen foi o desgraciado que che botou un mal de
ollo para que vaias desgraza tras desgraza? Estou disposto a falar
con Don José, o párroco e que che faga un acto de exorcismo para
botar fora ese demo que parece terse metido no teu corpo e que volvas
a ser un respectable señor “de dereitas e católico como Deus
manda”.
Despídome
reiterando os meus desexos mais sinceros de que te atopes
perfectamente; confesareiche que cando deixaches de escribir, eu, en
sinal de loito, prometinme non volver a falar de ti, pero, ¡¡meu
rei polo menos deixa de darme motivos para facelo!!
Un
saúdo a todos.
RICARDO DOMINGUEZ REY
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.