"Hai empresas interesadas en xestionar a piscina" Esta verbas foron repetidas en varias ocasións polo benquerido Luís Aragunde en máis dunha ocasión. Pois ben esta mañán levantámonos coa nova de que é o Concello quen se presenta ante as posibles empresas, para a xestión de xeito provisional ata que se resolva o concurso de licitación definitivo. Si algunha desas empresas tivera intención de presentarse ao concurso, suponse que xa elas se presentarían a xestionar de forma provisoria as instalacións. Este proceso estase levando a cabo mediante procedemento negociado sen publicidade e, segundo Aragunde, o luns enviáronse invitacións a tres empresas, que agora dispoñen de 10 días para contestar coas súas ofertas. A adjudicataria temporal gestionará a piscina durante dous meses e nese tempo, o Concello seguirá asumindo a totalidade do gasto de combustible. A cambio, a empresa deberá manter aos actuais traballadores, pero non pagará ningún canon e nutrirase das cotas que paguen os usuarios do servizo.
O Concello continuará co concurso de licitación para adxudicar o servizo durante 10 anos. Será unha tramitación aberta para intentar captar ao maior número de empresas e o Concello asumirá o 60% dos custos do combustible, deixando á empresa o 40% deste gasto. O pliego de condicións aprobouse o pasado sábado nun pleno convocado de urxencia e prosperou cos votos do PP.
Agardemos que se resolva dun xeito propicio para traballadores e usuarios.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.