Así define o creador do grupo "Ti non eres de Cambados......" que en pouco máis de duas semanas alcanzou os case os 1000 membros.
Máis de 1500 frases contribuen a lembrar aquelas cousas que estaban gardadas na memoria e que agora saen para facernos botar un sorriso.
Frases de todo tipo fannos retroceder anos e lembrar o que se facía en Cambados hai 30, 40 ou máis anos, maioritariamente pero tamén os máis novos lembran o seu pasado máis recente.
" Ti non eres de Cambados si non te acordas das butacas de madeira do cine Avenida"
" Ti non eres de Cambados se non probaches a empanada de Pepita "A Ardilla"
" TI NON ERES DE CAMBADOS....Si non sabes que detras da TORRE ...no "LOMBO
BLANCO" naceu un home conocido de CAMBADOS no mes de Outubro fai 75
anos...que a nai levouno para a casa enrolado no mandíl e dentro do
caldeiro"
" Ti non eres de Cambados si nunca coincidistes cun Millán no campo de fútbol ....( que é casi imposible non coincidir pero bueno)...."
E así centos e centos de frases.
Pero a palma de todoas é " TI QUE PRESUMES DE SER DE CAMBADOS , e estes dias o MITOSULFITO QUE LEVA O LOMBO O ALBARIÑO , vaiche espabilar as Neuronas ... propoñoche que vaias escribindo de baixo , palabras do noso vocabulario que estan desaparendo , por exemplo = VARAJERA , HACHES BES SIN FIN , VALIXERO..........................." que leva máis de 250 contestacións

Un grupo que na nosa humilde opinión complementa a outro de gran éxito como é "FOTOS DE CAMBADOS" que serve para lembrar o Cambados do pasado de forma máis visual.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.