Unha das cousas que máis intriga cando imos ver unha obra de teatro é o
que pasa detrás do escenario, entre bambolinas. Os máis pequenos de
Cambados hoxe tiveron a oportunidade de descubrir todos os segredos dunha
representación teatral, nun obradoiro creativo chamado "O
lapis máxico"... porque poucas cousas hai tan máxicas coma a
interpretación. Un obradoiro creativo de propostas escénicas a cargo de Teatro Buratini
no que mozos e nenos a partir de 6 anos poderán descubrir os segredos
dunha representación teatral en varias sesións. Quen sabe se entre os cativos da casa temos unha promesa do
cine ou do teatro. Seguro que en Cambados temos algún futuro actor. O mellor xeito de descubrilo é potenciando o seu
talento e a súa creatividade nun obradoiro teatral no que os nenos
acabarán representando a súa propia obra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.