TELÉFONOS DE INTERESE

▼

13 de agosto de 2014

FEIRA DE OPORTUNIDADES EN CAMBADOS






Cambados Zona Centro presentou onte unha nova edición da feira de oportunidades que organiza cada dous anos. Será os dias 15, 16 e 17 de agosto cando no Paseo da Calzada poderemos atopar moda xove, infantil, de dona e cabaleiro, calzado, deportes, electrodomésticos e incluso unha exposición de material náutico.
A feira estará aberta ó público en horario ininterrompido de 11 da mañá a 11 da noite. Serán en total mais de 500 metros cadrados de exposición, repartidos nun total de 27 expositores, dos que a maioría deles son de Cambados, polo que se da cumprimento ó disposto na lei de comercio interior de Galicia, que sinala que ó menos 2/3 sexan do propio concello.
Contaremos deste xeito con 3 días de oportunidades, con descontos de ata o 60 e o 70 %, polo que tódolos nosos visitantes poderán realizar as súas compras a moi bos prezos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.