A Festa do Albariño de Cambados rematou co tradicional xantar
albariñense, ao que asistiron máis de 800 comensais, dos que nunca se sabe quen paga ou non, onde se entregaron os premios da Cata
Concurso Rías Baixas Albariño. Nesta ocasión o gañador foi o viño Abadía
de San Campio da adega Terras Gauda do Rosal. Unha adega que xa fora
recoñecida neste certame no ano 1993.
O segundo premio foi tamén para o
Rosal, para o Albariño Quinta de la Erre da adega do mesmo nome que
rexenta o matrimonio José Santiago Rodríguez e Eva Rubal. Unha empresa
esta, Quinta de la Erre, de recente creación, que aposta por manter a
tipicidade da zona de Eiras, onde naceron os caldos do Rosal. A medalla
de bronce quedou na casa; na adega Lagar de Costa, de Castrelo. Este
recoñecemento premia o saber facer dunha adegueira nova que procede
dunha familia de fonda raizame na viticultura. Xunto ca entrega de
premios, cabe salientar neste xantar a lectura do pregón por parte do
embaixador xaponés Satoru Satoh; quen tamén ven de ser escollido
Cabaleiro do Albariño. Xunto co embaixador, tamén estivo presidindo o
xantar o Presidente da Xunta, que aproveitou o seu discurso para gabar, como pode ser doutro xeito, o
traballo cada vez máis esixente de viticultores e adegueiros desta D.O..
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.