TELÉFONOS DE INTERESE

13 de agosto de 2014

AVANZA SEN TREGUA A MAREA VERMELLA






A presenza de biotoxinas obrigou á Consellería do Mar a decretar o peche administrativo de tres novos polígonos de mexilón este mércores. Trátase dos viveros situados na Pobra, na ría de Arousa, G, B e C. Esta zona suma así tres novos polígonos pechados, despois de que este martes o Intecmar (Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño) decidise prohibir a extracción na Pobra D e E, ademais de en Vilagarcía (B1 e B2), Cambados D e Grove A, tamén en Arousa. Xa na ría de Vigo, a pasada xornada pecháronse viveros en Cangas (D) e Vigo (A), de modo que, en pleno agosto, os productores de mejillón só poden recolectar molusco en 14 dos 51 viveros existentes. 

Ademais, a comúnmente denominada como marea vermella afecta a polígonos de ostra en Cambados e O Grove, tamén desde este martes 12 de agosto, segundo consta no último informe de estado de zonas do Intecmar. Así mesmo, este xoves determinouse a prohibición de extracción de marisco infaunal por toxinas lipofílicas na zona II de Pontevedra, excepto navalla e longueirón, que si se poden recoller.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.