Un espectacular accidente rexistrábase no tramo da autovía GR-41 en Ribadumia sobre a 1:15 da noite
deste mércores 27 no quilómetro 9 ao saírse da vía un vehículo no tramo
entre Meaño e Meis. O turismo, por causas aínda por determinar,
impactaba contra a mediana, segundo informaban os Bombeiros do Salnés, e envorcaba na estrada.
Outro turismo que circulaba por esa zona da Vía Rápida golpeábao por
detrás ao non conseguir frear ao encontrarse co vehículo accidentado.
Os dous condutores, segundo datos facilitados por Protección Civil de Cambados, resultaron feridos.
J. M. F. de 52 anos, sofre dor cervical e traumatismo na
perna esquerda e J. R. de 30 anos de idade, ten un pulso roto e
posiblemente un dos brazos tamén sufriu unha fractura, ademais de
traumatismo torácico grave. As dúas persoas feridas foron trasladadas ao Hospital Domínguez de
Pontevedra polo 061 e por unha unidade de Protección Civil de Cambados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.