Nunha pirueta máis propio dun circo a Xunta escribe nunha das suas habituais notas de prensa sobre a festa da Ameixa de Carril e faino sen apuntar a ausencia dos dous máximos dirixentes da Consellería do Mar a propia conselleira Rosa Quintana e o director Xeral desta consellería para o mar Juan Maneiro. A ausencia débese que na confraría de Carril consideran que non se debe invitar a quen non quere saber nada dos problemas que afectan a esta confraría. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro Domínguez foi nomeada
esta mañá Dama da Ameixa no marco da celebración da XXII Festa da
Ameixa de Carril. O nomeamento da Dama da Orde da Ameixa outorgase a
quen se teña caracterizado pola promoción e difusión da ameixa de
Carril, da súa festa, da actividade marisqueira e da propia parroquia. Esta
festa é a primeira vez que se celebra coa distinción de Festa de
Interese Turístico de Galicia, declaración que foi outorgada pola súa
antigüidade, singularidade, arraigamento e valor cultural tal como
recordou Nava Castro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.