A RUTA DO VIÑO RIAS BAIXAS PROPÓN ACTIVIDADES DURANTE A VENDIMA
A Ruta do Viño Rías Baixas continúa co seu
propósito de encher o ano con actividades relacionadas co mundo
vitivinícola. Co mes de setembro, a asociación estrea a “Ruta da
Vendima”, un novo programa que propón dende descensos en kaiak polo Umia
ata unha iniciativa para vivir en directo unha xornada de vendima.
As propostas estarán englobadas no programa “Ruta da Vendima”, que
arrancará o 30 de agosto e prolongarase ata outubro. Unha das novidades é
a Xornada da Vendima, durante a que grupos de 10 persoas poderán vivir o
proceso na Adega dos Eidos. Non faltarán entre as propostas o Bus do Viño, que permitirá en nove
fins de semana coñecer ata 26 adegas adscritas á ruta con saídas dende
Vigo, Santiago e Pontevedra, o descenso en kaiak dende Pontearnelas a
Cambados do 31 de agosto ou o curso práctico de fotografía “Retratando a
Vendima”, a cargo de Xurxo Lobato. Segundo Acevin, durante o 2013 case 67 mil persoas pasaron por algún
dos establecementos adscritos á Ruta do Viño Rías Baixas, un dato que a
sitúa como a sexta ruta máis visitada de toda España.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.