A FESTA DO ALBARIÑO HORA A HORA, DIA A DIA.....DOMINGO
DOMINGO 3 DE AGOSTO Durante a mañá haberá alboradas a cargo dos grupos de gaitas, dando
paso ao comezo das actividades deste día coa celebración do XXVIII
Campionato de Chave do Albariño, no Complexo Deportico do Pombal ás
11.00 horas, e quince minutos máis tarde dará comezo no Parador de
Turismo, a Cata Derradeira. Nesta xornada tamén se levará a cabo o o
Túnel Profesional do Viño no horario habitual. A apertura dos Stands para a degustación terá lugar a partir das
13.00 horas, e ao mesmo tempo na Casa do Concello, Recepción de
Autoridades. Ás 13.20 horas, saída do desfile do Capítulo Serenísimo do
Albariño, acto que estará a cargo das Cofradías e Autoridades, amenizado polos grupos folclóricos municipais, e ás 13.45
horas no Patio de Armas do Pazo de Fefiñáns levarase a cabo o solemne
acto de investidura das Damas e Cabaleiros do Albariño, durante o acto
actuará a pianista Kawakami. Ás 14.30 horas, Xantar do Albariño con
lectura do pregón e nomeamento dos viños premiados. O acto estará
amenizado pola actuación de Danzantes de Cobas e Os Carballeiras. Ás 20.00 horas, na Praza de Fefiñáns, O Albariño dúas Máis
Pequeniños co concerto de Petit Pop e multitude de actuacións infantís
para os máis pequenos da casa. A partir das 22.30 horas dará comezo a
verbena coa actuación da orquesta Nebraska e á mesma hora na Praza de
Fefiñans terá lugar o concerto da Banda de Música de Castrelo. Chegada a
medianoche no porto de Cambados, poñerase o broche final á LXII Festa
do Albariño cun impresionante espectáculo de lucería.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.