TELÉFONOS DE INTERESE

21 de julio de 2014

O BNG PIDE QUE O CONCELLO SE FAGA CARGO DA XESTIÓN DA PISCINA MUNICIPAL





Que as instalacións da piscina municipal de Cambados están a ser xestionadas, desde hai anos, pola empresa “Gimnasios Pazos SA”; empresa que estivo a incumprir o contrato (concesión á 15 anos) ao non facerse cargo do correspondente pago de facturas de Fenosa e de Gas Natural como estaba estipulado en dito documento asinado polo concello e pola empresa. A razón pola que se incumpriu o contrato de xeito reiterado, foi debido ao excesivo gasto enerxético das instalación municipais producido pola deficiente planificación desta infraestrutura (inaxeitado illamento da cuberta que implicou constantes  perdas de enerxía e, polo tanto, perda de cartos que pasaron a ser pagados polo concello).
Que xa o anterior alcalde prometera, no seu momento, a realización de obras de cambio de cuberta que, semella, poderían resolver  as deficiencias enerxéticas desta infraestrutura. As promesas de arranxo da piscina se concretaron no Pleno Ordinario do 26 de abril de 2012, cando se ratificou o acordo da Xunta de Goberno Local de “posta a disposición da Secretaría Xeral de Deportes de instalacións municipais para a realización das obras de cambio de cuberta no Complexo Polideportivo do Pombal”, cun investimento programado de 399.999´98 €, que comprendía a totalidade do orzamento. Como o concretado nesta resolución non foi cumprido, é polo que as instalacións encóntranse, cada vez, nun estado máis precario para ofrecer un bo servizo aos preto de 400 usuarios/as actuais.

Que a empresa concesionaria conta actualmente  con 17 traballadores/as pertencentes maioritariamente ao noso concello e que teñen unha idade media duns trinta anos;  dato de gran importancia, tendo en conta que o paro entre a mocidade do concello de Cambados e da comarca do Salnés é realmente elevado. Que, ademais, a empresa  lles adebeda xa, a dia de hoxe, as mensualidades de maio, xuño (e posiblemente xullo), polo que os e as traballadoras están a pasar por un momento moi complicado de gran incerteza laboral e persoal e que teñen manifestado publicamente a proposta de que o concello se faga cargo da xestión da piscina municipal; proposta que o BNG comparte porque considera que a xestión pública dos servizos municipais é a máis axeitada e non debe buscar o beneficio, senón ofrecer servizos de calidade para o cidadán e, sobre todo, nun caso, como o descrito, no que o concello xa se está a facer cargo dos gastos enerxéticos desta infraestrutura mentres ca os ingresos pola utilización desta, están a ser cobrados por unha empresa que nin sequera paga aos seus empregados/as, nin lles da ningún tipo de explicacións.
Por todo isto,  o grupo municipal do BNG insta ao concello de Cambados a que se faga cargo da xestión das instalacións da piscina municipal.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.