Un amigo lector fainos chegar unha queixa e facer público o que fixo o Concello coas contratacións de persoal para incendios forestais. Reproducimos literalmente a sua denuncia, tal e como nos foi transmitida.
" Bos días,gustaríame que se lle pediran explicacións o
grupo de Goberno do Concello de Cambados, polas supostas contratacións
feitas a dedo dos reténs de incendios forestáis. Estes comenzaron a
traballar o día 28 de xullo. As entrevistas feitas no Concello foron un
auténtico paripé, xa que as listas dos escollidos foron feitas días antes, palabras dun amigo meu, moi vinculado ó concello. Os selecionados foron
por ser fillos de.....como pasa a maioría das veces. Entrou xente sen
formación ningunha nin experiencia, e deixouse fora a persoas como nalgún
caso, Garda de Campo de Profesión, con experiencia en incendios e amplia
formación a través da Xunta de Galicia. É unha vergonza que te fagan
perder o tempo, para formar parte dun circo que o concello xustifica xa
que a administración lle esixe entrevistar os "candidatos". Cada vez da
máis noxo este páis". Estas son as verbas do noso lector que veñen a refrendar o que é un "segredo a voces" e que sistemáticamente vense sucedendo neste Concello cada vez que hai contratacións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.