Mañán comeza a LXII e polo tanto é ben facer un repaso pola festa enogastronómica máis antiga e importante de Galicia.


A primeira cea-concurso celebrouse con carácter privado, no ano 1953, na leira de Anxo Botana Gómez. Presentáronse nove adegueiros, e medio centenar de albariñenses constituíron con solemnidad o xurado da primeira Cata Prima, a cal selecciona os caldos que merecerán clasificarse para superar o rigor do xurado da Cata Postrera, onde saíu premiado únicamente José Rodiño Oubiña quen, cun magnífico Albariño do predio de Carballás, sorprendeu aos seus competidores. Ao ano seguinte obtivo a vitoria Zárate, do mesmo xeito que nas dúas convocatorias seguintes, sempre con Quintanilla de segundo.
Durante os primeiros anos, a festa celebrouse na leira da casa de Anxo Botana, fillo político de D. Ramón Cabanillas. A festa acollía cada vez a máis adeptos e a leira de Botana quedouse pequena polo que se decidiu trasladar a celebración primeiro aos xardíns do pazo de Ulloa e posteriormente ao pazo de Bazán, hoxe Parador Nacional do Albariño, para asentarse definitivamente desde os primeiros anos do século XXI nos xardíns do pazo Torrado.
Ao principio, a festa coincidía coa romaría da Pastora, pero nos anos 60 decidiuse trasladala ao primeiro domingo de agosto, porque a finais de mes adoitaba facer mal tempo. Os alcaldes colaboraban a título particular, porque o concurso era unha comida de amigos onde escritores e intelectuais enxalzaban as calidades do viño.
Na década dos 60, a festa deixou o ámbito privado e abriuse á participación do pobo, producíndose entón unha renovación con desfiles de carros, catas públicas na Calzada e pregón en Fefiñáns, ademais das verbenas, deportes e folclore en xeral.
En 1965, Manuel Fraga Iribarne, recentemente nomeado ministro de Información e Turismo, presidiu os actos que conseguiron unha ampla repercusión na prensa da época. Ao ano seguinte restaurouse o pazo de Bazán converténdose en Parador Nacional do Albariño. O por aquel entón alcalde, Joaquín Fole, condecorou a Fraga coa primeira Folla de Ouro.

Na decada dos noventa nace tamén o Himno do Albariño, composto por Xosé Lois Foxo, director da Real Banda da Diputación de Ourense. Os peñistas do Albariño enchen de colorido as rúas durante a semana grande, coas súas camisetas, que deixan o seu selo sarcástico con lemas sobre o viño e a festa.
En 1996 Cambados ingresa en Acevín (Asociación Española de Cidades do Viño) e Recevín (a súa equivalente europea). No mesmo ano, inaugúrase a Ruta do Viño, hoxe en día consolidada como unha das rutas máis visitadas por aqueles que se achegan a Cambados.
Segundo escribiu Plácido Castro "Non hai en todo o ano galego día tan sinalado, no terreo puramente humano, como o da Festa do Albariño en Cambados".
Fonte: Concello de Cambados e Google
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.