EMPEZAN AS OBRAS DE SANEAMENTO DO SACO DE FEFIÑÁNS
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel
Vázquez, supervisou esta mañá o inicio das obras e aclarou que estes
beneficios xa se notarán este mesmo ano, xa que en tres meses estarán
rematadas as obras que eliminarán os vertidos sen depurar dun colector
de saneamento que non está conectado á rede de depuradora. Augas de
Galicia destina máis dun millón de euros para a execución do conxunto
dos traballos.
Trátase dos traballos incluídos na primeira fase e
consisten en afrontar o saneamento da rúa Pombal, paralela á estrada
autonómica PO-549 (Vilagarcía de Arousa- Cambados) e cuxo sistema de
sumidoiros verte directamente sen tratamento sobre un dos dous regatos
que chegan ao fondo do saco. Con estes traballos mellorarase o
saneamento cambiando 120 metros de colectores e instalando unha pequena
estación de bombeo no punto baixo da zona no río Corvillón para recoller
as augas residuais das vivendas desa rúa para impulsalas e poder
conectalas á rede de saneamento actualmente existente. Vázquez
Mourelle recordou que o proxecto de Saneamento Integral do Saco de
Fefiñáns, valorado en máis de 1 millón de euros, definiuse a partir do
Plan de saneamento local da Ría de Arousa, no que estudaron con detalle o
funcionamento das redes de saneamento para atallar as súas
problemáticas, especialmente en tempo de chuvia. Explicou que
nestes puntos do concello de Cambados, no saco de Fefiñáns e na rúa
Pombal, cómpre resolver verteduras directas e indirectas que hoxe en día
se producen ao saco pola actual configuración da rede de saneamento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.