As peñas participantes na LXII Festa do Albariño
optarán a repartirse un montante global de 600 euros en vales compra da
asociación de comerciantes Zona Centro se gañan algún dos premios do
concurso de camisetas que vén de convocarse. Os que queiran inscribirse neste concurso deben acudir ás oficinas da asociación, na rúa Ourense número 8, de 9 a 14 horas.
Teñen de prazo ata o venres 1 de agosto. Os concursantes deberán deixar
depositada unha camiseta para sometela ó criterio do xurado. A peña gañadora do primeiro premio percibirá un premio de 300 euros
en vales compra de Zona Centro. A peña do segundo premio recibirá 200
euros en vales, e a do terceiro cobrará 100 euros para gastar nos
comercios cambadeses. Dende a organización animan a todos os peñistas a participar neste concurso, que prima a creatividade e a orixinalidade ademais de redundar en beneficio da troula e do divertimento na semana grande albariñense.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.