Hoxe comezaron as probas de selectividade en Galicia. Pola mañán empezaron os
primeiros exames: os de lingua castelá e literatura. As probas de acceso
á universidade prolónganse ata o venres. Máis de dez mil alumnos
participan no proceso, unha cifra semellante á dos últimos anos.
Participan nos exames uns 2.500 mozos e mozas nos campus da Universidade
da Coruña, 3.500 na USC e 4.400 na Universidade de Vigo. Ademais de
lingua, pola mañá tamén haberá probas de Historia e, pola tarde, galego
e lingua estranxeira. Os resultados provisionais sairán o día 20. As
notas definitivas coñeceranse unha semana despois, o día 27 de xuño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.