A Consellería de Traballo e Benestar aprobou catro obradoiros de
emprego na comarca do Salnés, que beneficiarán a 82 persoas
desempregadas, cun orzamento de 730.000 euros. A conselleira de
Traballo e Benestar, Beatriz Mato, acompañada do delegado territorial da
Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou hoxe Cambados e
indicou que este concello contará cun obradoiro para 19 alumnos e un
orzamento de 170.000 euros para acondicionamento e mellora de espazos
verdes. Ademais, nesta comarca haberá unha iniciativa para a
Mancomunidade do Salnés (23 alumnos e 205.000 euros), O Grove (19
alumnos e 170.000 euros) e Vilagarcía (21 alumnos e 185.000 euros).
A conselleira Beatriz Mato meteu a pata cando dixo "que a cooperación entre concellos permite, ademais de
levar a cabo obradoiros, desenvolver outras iniciativas como, por
exemplo, a próxima construción dun centro de día no concello de
Cambados, unha actuación na que o departamento autonómico vai investir
800.000 euros e que será o primeiro centro de día do concello, con unha
capacidade e 40 prazas". A vindeira vez que vaia a calquer sitio infórmese sra Mato, ese tan prometido centro de día sería o primeiro si se contruíse cando se prometeu e non varios anos máis tarde. Agora será o segundo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.