O Boletín Oficial da Provincia publicaba onte as bases para optar ás novas
axudas para comprar libros de texto e material escolar en Primaria e
Secundaria que outorga o Concello de Cambados para o próximo curso. O
Concello destina a este fin 7.000 euros a razón de 120 euros como axuda
máxima. A maiores destas axudas, o Concello reserva outros 7.000 para
becas destinadas a universitarios. Dada a pouca publicidade que o concello fai destas axudas, creemos que debemos darlle a publicidade que non dan a modo de bamdos ou calquer outro medio de difusión ao alcance de toda a poboación. As bases pódense consultar no BOPPO a partir da páxina 51.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.