A PRESENZA DE LADY GAGA RONDARÁ NO DESFILE DE EVA SOTO
Varios modelos elixidos pola cantante Lady Gaga para a gravación do
seu próximo vídeoclip formarán parte do primeiro desfile individual que a
deseñadora Eva Soto Conde vai presentar en Cambados este venres, a
partir das 22 horas, no histórico marco do patio de armas do pazo de
Fefiñáns.
Eva Soto estivo acompañada polo alcalde, Luis Aragunde, e polo
presidente do consello regulador da DO Rías Baixas, Juan Gil Araújo,
na presentación dun evento novidoso que vai contar cunha pasarela de 22
metros, pola cal desfilarán modelos de Cambados.
O desfile leva por título Diálogo con el Arte e vai amosar
diversos detalles alusivos ó mundo do viño en prol da denominación de
orixe Rías Baixas. En total, a xove deseñadora ten previsto presentar 30
vestidos para muller, de dúas coleccións distintas (algunhas xa
presentadas na Mercedes Fashion Week), e outros cinco modelos de papel para nenos da súa colección infantil. A deseñadora Eva Soto é unha das artistas
emerxentes que está levando o nome de Cambados por todo o mundo e que
deste xeito convértese en embaixadora do seu pobo e da súa terra,
gracias ós éxitos que obtén nas pasarelas nacionais e internacionais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.